A deputada do BNG, Carme Adán reclamou constituír un grupo de traballo entre as administracións (Deputación, Concello de Ourense e Xunta de Galiza) coa a adhesión de empresas e fundacións co fin de garantir a viabilidade de Aspanas Termal
. A deputada do BNG,Carme Adán defendeu hoxe unha Proposición non de lei, na Comisión de Sanidade instando ao Goberno a impedir o peche do Centro especial de emprego Aspanas Termal e o mantemento dos postos de traballo das persoas con discapacidade intelectual.
Pola súa parte, o grupo parlamentario do Partido popular votou a favor da iniciativa nacionalista comprometéndose a constituír o grupo de traballo reclamado pola deputada Carme Adán.
Na súa intervención, a parlamentaria explicou que dende hai un ano Aspanas Termal ven negociando garantir a continuidade do centro e o mantemento dos postos de traballo acadando compromisos entre Aspanas e a Xunta, sen embargo, a situación segue sen arranxarse. A deputada lembrou que xa no mes de febreiro o BNG formulou unha pregunta a consellería de Benestar sobre os compromisos da consellería co centro de emprego especial de Aspanas Termal respondendo que as conversacións continuaban e resultaba moi importante manter eses máis de 70 postos de traballo das persoas con discapacidade.
A nacionalista abondou que no mes de maio, a situación é a mesma pero agravada polo paso dos meses polo que reclamamos o compromiso real da consellería para resolver a situación e que os traballadores/as non segan ameazados polo peche do centro.
Finalmente a parlamentaria congratulouse do acordo acadado e advertiu que o BNG seguirá moi de preto o seu cumprimento.