Pontón: “ O videoclip de Enrique Iglesias recórdanos a visita do Papa”

Ana Pontón dirixese ao escano

A deputada do BNG denunciou que a Xunta pagará 300.000 euros ao cantante mentres reduce as axudas a promoción da cultura galega

Enrique Iglesias

A deputada do BNG, Ana Pontón formulou hoxe unha pregunta ao Goberno sobre custe do videoclip de Enrique Iglesias do que dixo, “recórdanos moito a visita do Papa” e as mentiras de Feijóo sobre o seu retorno económico cando en realidade, supuxo “un pufo de 3 millóns de euros” que pagamos todos os galegos e galegas.

O contrato do viodeclip non responde a ningunha promoción turística da Xunta de Galiza, afirmou, faise pola presión dunha persoa que ten intereses particulares e que recibe cartos públicos a costa de “tomarnos o pelo a todos e a todas”.

A parlamentaria relatou que a cultura galega leva padecendo recortes e destrución de emprego de maneira sistemática. Case ningunha das ordes de axudas da consellería de Cultura supera os 300.000 euros polo preguntou se a conselleiro lle parecía decente que a Xunta regale esta cantidade a Enrique Iglesias.

Pola súa parte, Román Rodríguez respondeu que o turismo é moi importante para Galiza e a cultura tamén. Os últimos datos sobre turismo cultural son moi positivos, asegurou e os datos da industria cultural galega tan pouco está tan mal. A deputada replicou que a “asfixia económica á que somete a Xunta á Cultura galega é evidente” como reflicten os recortes orzamentarios do 60% dende o ano 2009, e o 70% ás políticas de apoio da normalización da lingua galega.

Ana Pontón dirixese ao escano

Asemade, en nome da austeridade,engadiu, os recortes tradúcense en 350.000 para actividades de industrias culturais, subvencións para festivais do audiovisual, 90.000, subvencións para o desenvolvemento de proxectos audiovisuais en lingua galega, 175.000 euros, festivais de música, 210.000 euros, axudas para tradución no ano 2015, 200.000 repartidos en dúas anualidades, rede galega de salas, 24.510 euros, publicacións periódicas en lingua galega, 46.000 euros e para as equipas de normalización lingüística, 300 euros para todo o ano. Entenderá Sr. Conselleiro, que con este panorama compartamos a indignación de miles de persoas ao ver como a Xunta lle entrega a dedo “máis de 300.000 euros a Enrique Iglesias”.

Os euros que non hai para apoiar a cultura deste país son para un vídeo sexista e unha canción “resesa” que non aporta nada dende o punto de vista cultural, concluíu.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG