Pontón propón "rachar o decreto do plurilingüismo" e iniciar un novo proceso de dialogo

O Plan de Normalización Lingüística debe ser a base do novo proceso de dialogo coas forzas políticas, sociais, sindicais e educativas

A deputada pediu a derrogación do decreto e iniciar un “novo proceso de dialogo” apoiado no Plan de Normalización Lingüística

A portavoz de cultura do BNG, Ana Pontón formulou hoxe unha pregunta parlamentaria en comisión, sobre a anulación de dous artigos do Decreto para o plurilingüismo no ensino non universitario e a posición que a Xunta a adoptará ante as sentencias do TSXG.

Trala comparecencia do  secretario xeral de Politica Lingüística, Valentín García Gómez, a deputada asegurou que a Xunta non ten intención de abrir un dialogo, a Xunta, explicou, pretende que" asumamos o retroceso que consolida o decreto” aprobado polo Partido popular.

Ana Pontón convidou  ao director xeral de Educación a “rachar o decreto do plurilinguismo” e iniciar un dialogo sobre as bases do Plan de Normalización Lingüística, esa é unha “ oferta real de consenso” e non o que vostedes propoñen.

A parlamentaria considerou que a Xunta chama dialogo ao que en realidade é un “trágala” dun decreto que foi cuestionado polo Consello escolar de Galiza, asociacións sindicais, movementos de renovación pedagóxica, grupos parlamentarios da oposición, grupos que defenden o proceso de normalización da lingua galega e a Comunidade educativa.

Pontón manifestou que as palabras do director xeral “foron moi reveladoras ” ao afirmar que se pode falar sobre o galego pero non sobre “o decreto no ensino”.

A Xunta busca cómplices para a súa política lingüicida

Neste sentido, engadiu que a Xunta pretende buscar cómplices nunha “política lingüicida” e dende o BNG, manifestou “ non o imos facer”.

Asemade, criticou que o responsable de educación non rebatera os datos sobre as consecuencias do decreto porque sabe moi ben, dixo, que o decreto conduce ao galego “á marxinalidade”.

Ana Pontón cualificou de “falsificación dunha consulta” a enquisa realizada pola consellería de Educación da que dixo, deuse o caso nalgún centro que o 51 por cento decidiu que o outro 49% “non tiña dereito a ser escolarizado en galego no ensino infantil”

Os nenos e nenas que nas súas familias teñen o galego como lingua de comunicación,  “non o teñen na escola”

Para a deputada, a Xunta non está cumprindo coa obriga establecida pola lexislación para fomentar a normalización do idioma galego vostedes, sentenciou “están facendo xustamente todo o contrario”.

Por qué non preguntan ás familias sobre a supresión dos comedores escolares gratuítos nun momento de crise económica ou sobre os recortes na gratuidade dos libros de texto?, inquiriu Pontón.

A deputada afirmou que a consulta ás familias sobre o idioma galego foi “ilegal” e reiterou que as sentenzas desarman ás políticas do Partido popular para permitir que o galego cada vez fora “recuando máis no ámbito educativo”.

Pontón concluíu reterando a súa oferta ao Secretario Xeral de Política Lingüística para "rachar o decreto e inciar un dialogo apoioado no Plan de Normalización Lingüística".

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG