Ana Pontón acusou a Xunta de gastar en publicidade nunha lexislatura a mesma cantidade que todo o investido no ferrocarril durante vinte anos
A deputada do BNG, Ana Pontón criticou que o conselleiro Agustín Hernándezi defendera a supresión de liñas de media distancia en Galiza e acusou a Xunta de Galiza de seren cómplice do desmantelamento do ferrocarril galego.
A deputada lamentou que o tren en Galiza desapareza e deixe a milleiros de usuarias e usuarios sen a prestación deste servizo, o BNG, dixo, defenderá o dereito de tod@s os galeg@s a uns servizos de ferrocarril moderno como teñen outros cidadáns do Estado español.
O PP goberna a golpe de consultora
Pontón lembrou que hoxe mesmo, o Partido popular xustificaba a supresión de liñas, tras o estudo dunha consultora que así o recomenda, nós, manifestou, consideramos que este argumento falsifica a realidade porque o problema non é a falta de potencialidade e futuro do ferrocarril, o problema, afirmou, é político e cando se inviste na mellora de liñas, incrementase o número de usuari@s.
A deputada reiterou que o incremento de frecuencias tamén incrementa o número de usuari@s e a eiva de Galiza, nesta materia, obedece á falta de interese por modernizar o ferrocarril e ofertar servizos acordes cos tempos que vivimos.
A centralización de competencias non conleva a igualdade na prestación de servizos, máis ben todo o contrario e asegurou que noutros territorios que apostaron por desenvolver o autogoberno prestan mellores servizos de ferrocarril e mellores prestacións para os seu cidadáns, lástima, dixo, que a Xunta nunca optara por esa vía.
O BNG pide a transferencia do tren
Neste sentido, volveu reclamar a transferencia a Galiza para asumir as liñas e crear unha compañía do ferrocarril pública galega.
A deputada tamén pediu un cambio de rumbo na Consellería de Medio Ambiente e Territorio para defender as infraestruturas e evitar a marxinación de moitas poboacións galegas.
O recorte anunciado polo Ministerio de Fomento, engadiu, deixará tirados e tiradas a miles de galegos sen ningún tipo de alternativa e moitas zonas de Galiza padecerán a desvertebración. O ferrocarril debe ser modernizado reclamou para permitir as comunicacións internas, o tempo volve a darnos a razón e os deseños feitos en Madrid non serven para dar servizo de Ferrocarril en Galiza porque naceu para conectar Galiza con Madrid.
O PP castiga a Galiza sen liñas de tren
A parlamentaria denunciou que Ferrol resultou especialmente prexudicado ao non realizarse ningún tipo de mellora nos servizos e agora suma a eliminación da liña con A Coruña ao igual que a liña Coruña-Lugo-Monforte tamén ameazada con perder os servizos de media distancia. Vigo-Ourense, a beira do Miño, será outra das prexudicadas ao igual que a liña a Carballiño descolgada de mediana e longa distancia e Monforte-Barco de Valdeorras no limbo dos xustos con trens sen frecuencia.
Pontón afirmou que Galiza no pode perder o tren e a Xunta non pode ser cómplice da marxinación de Galiza, isto é un auténtico atropelo con supresión de servizos sen consensuar con ninguén, concluíu.