O Bloque Nacionalista Galego enviou ao Secretario Xeral da Frente Farabundo Martí para a Liberación Nacional (FMLN) unha mensaxe de felicitación pola elección de Salvador Sánchez Cerén como novo Presidente de El Salvador.
Para o BNG, a elección como novo presidente do antigo comandante guerrilleiro Leonel González confirma a firme vontade do povo salvadoreño de dar continuidade ao proxecto transformador iniciado pola FrenteFarabundo Martí para la Liberación Nacional (FMLN) nestes 5 años de goberno presididos por Mauricio Funes, ao tempo que se recoñece unha dilatada traxectoria histórica de loita revolucionaria por construír un El Salvador plenamente democrático e soberano.
Sinala tamén a comunicación enviada que o BNG, que enfronta unha loita constante contra as políticas impostas pola Troika e o goberno Español e ao tempo pola liberdade e a soberanía da nosa nación, se sente plenamente solidario con todos os povos que, como o de El Salvador, reafirman cada día a súa vontade de preservar a soberanía e independencia nacional para a pór ao servizo d@s traballador@s e da construción dunha sociedade libre, xusta e igualitaria.