Montse Prado: “Vostedes son a España cañí, están vendidos a Madrid"

 A parlamentaria defendeu unha lexislación laboral “propria de Galiza” e instou a Xunta a plantar cara o Goberno central contra aquelas decisións que prexudican gravemente á clase traballadora galegaPrado 2

Pleno.- A deputada do BNG, Montse Prado defendeu hoxe unha proposición non de lei para reclamar “competencias plenas e soberanas” en beneficio da clase traballadora galega.

A parlamentaria defendeu unha “negociación colectiva propia galega” e non seguir dependendo de convenios estatais en sectores que “nada teñan a ver coa nosa realidade”, manifestou.

Asemade, denunciou que a situación de extrema pobreza instalouse no mundo do traballo co risco de converterse nun problema estrutural, a pesar de que a Xunta o siga negando coa intención de non asumir “a reforma laboral e a represión contra os movementos sociais e a clase traballadora”. A parlamentaria acusou ao PP de ser “a España cañí e non plantar cara contra as decisións de Madrid que tan gravemente danan a clase traballadora”, dixo.

Tras a intervención do portavoz do PP, Miguel Tellado quen asegurou que en Galiza se están a producir importantes baixadas no número de persoas desempregadas, a parlamentaria reiterou a defensa dunha “lexislación laboral própria para Galiza e o seu pobo”.

Día da Clase Obreira Galega

Prado lembrou que onte foi conmemorado o “Día da Clase Obreira galega” e explicou que no ano 72, “en Ferrol estaban todos pero uns disparaban e outros morrían” en resposta ao voceiro popular que minutos antes reprochou a oposición patrimonializar a celebración.

Esta iniciativa vai de clase obreira galega e vostedes, dixo, entenden clase obreira para explotala, “son a España Cañí” e no BNG non nos resignamos a que outros decidan por nós nin por intereses alleos. Nós aspiramos a un Goberno merecente de tal nome, que queira exercer como tal e que Galiza non sexa delegada de Madrid, que tome as súas decisións e esta iniciativa vai contra o “centralismo” e contra os que deciden por nós, recalcou.

Montse Prado lamentou o voto contrario do PP á iniciativa nacionalista que demandaba “máis soberanía” para o Goberno galego en materia laboral.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG