Montse Prado: “ O PP vende a Sanidade pública Galega por lotes”

A deputada defendeu unha moción contra a privatización do servizo de mantemento dos equipos electromédicos

Intervención de Montse Prado no Parlamento

 Pleno.- A deputada do BNG, Montse Prado defendeu hoxe unha moción contra a privatización do mantemento integral de equipamentos electromédicos adxudicados polo SERGAS.

A parlamentaria denunciou a entrega dos servizos de electromedicina a unha única empresa privada e criticou que o Partido popular sega negando “a privatización dos servizos sanitarios ” baixo o epígrafe “regularizar e homoxeneizar”, vostedes, manifestou, están vendendo a Sanidade pública galega “por lotes” en referencia aos servizos sanitarios xa privatizados ou pendentes de privatizar.

A deputada amosou a súa “estupefacción” ao escoitar ao portavoz popular, Aurelio Núñez Centeno afirmar que nos “hospitais sen UCIs non é necesario un tempo de resposta” ante unha posíbel avaría. Prado preguntou se isto tamén se podía afirmar dos centros onde son atendidos os partos, urxencias e intervencións cirúrxicas.

A parlamentaria criticou que o Partido popular sega negando “sen o mínimo rubor” a evidencia dunha privatización sistemática da Sanidade pública galega en beneficio de “empresas privadas e de fora de Galiza”. Empresas, que pertencen a fondos de capital risco en “paraísos fiscais” e multinacionais estranxeiras.

Ademais, engadiu, “son empresas que foron saneadas con fundos públicos” e vinculadas ao Partido popular como o servizo de Ambulancias A Levante, Telecomunicacións do SERGAS a Telefónica, Catering a Portovello, electromedicina a Iberman S.A de Zaragoza, “non só privatizan senón que o fan con empresas de fora de Galiza”, afirmou.

Vostedes, reiterou, utilizan o mantra da crise para privatizar e crear un novo nicho de mercado que entregan á empresa privada. Montse Prado asegurou que o servizo de mantemento de equipamento electromédico pode ser rescatado por “incumprimento reiterado de contrato da empresa”. A deputada tamén pedía poñer en marcha as medidas necesarias para que o SERGAS asuma con persoal propio, e de maneira pública, este servizo.

O Partido popular votou en contra da moción defendida pola parlamentaria do BNG.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG