Montse Prado pídelle á titular de Traballo que "non venda fume" e resolva o paro en Galiza

Montse Prado á Consellira de Traballo: "A metade da mocidade parada e vostede ofrécelle un plan de voluntariado.

A portavoz de traballo do BNG, Montse Prado acusou á conselleira Beatriz Mato de “buscar un titular de prensa” e non aplicar políticas contra o desemprego en Galiza

A deputada do BNG, Montse Prado acusou á conselleira de Traballo de “drenar os recursos públicos para beneficiar a patronal” en alusión ao plan de formación dirixido á mocidade.

Trala comparecencia da titular de Traballo, para informar dos obxectivos do seu departamento, a parlamentaria do BNG criticou a presentación dun plan para a xuventude que, na súa opinión, “non vai resolver nada”, despois do titular de prensa "que Sr. Conselleira", ironizou.

O PP non explica os datos do desemprego en Galiza

Prado lembrou que o BNG pediu a comparecencia da conselleira de Traballo tras coñecer nos meses de decembro,xaneiro, febreiro e marzo os datos do desemprego pero despois de escoitala hoxe, dixo, xa sabemos porque non quixo comparecer antes.

“Vostede non ten respecto nin solución ao problema do paro en Galiza” afirmou e por iso ven hoxe aquí a contar unha realidade que non se corresponde coa dos galegos e galegas que están a vivir o drama do paro, “292.823 parados e paradas” e dende que vostedes chegaron á Xunta de Galiza no ano 2009, “non deixou de medrar o paro”, sentenciou.

A nacionalista tamén se referiu a afiliación á Seguridade social que arroxa unha cifra de “37.000 persoas menos en febreiro respecto do ano pasado”.

Máis horas de traballo por menos salario

A deputada afirmou que a Reforma Laboral impulsada polo Partido popular agravou a situación ata conseguir que todos os membros dunha familia permanezan no paro, o desemprego xuvenil é inasumible, “a metade da poboación moza desempregada” e vostede, inquiriu , ofrécelle “un plan para formarse en Europa” en condicións de voluntariado.

Prado insistiu que a Reforma Laboral do PP obriga a “traballar máis horas, máis anos e menos xubilación” e criticou que a conselleira non queira abordar esta cuestión cando é interpelada.

Por outra parte, a nacionalista tamén se referiu as 372 mil persoas que viven “no limiar da pobreza” en Galiza, 100.000 en pobreza extrema e o 20 por cento dos cativos e cativas en en fogares pobres.

Sen folla de ruta nin obxectivos

A deputada negou que a Consellería de Traballo conte cunha folla de ruta ou estratexia para resolver “o problema de emerxencia” que vive Galiza e reiterou as súas críticas ao plan dirixido aos traballadores autónomos dos que dixo, o seu problema non é contratar persoas para o seu negocio, o problema, exploicou, é que non hai crédito e se ven obrigados a pechar na súa maioría, “ven a vendernos fume Sr. Mato, e quere aproveitar a crise para seguir precarizando o traballo”.

As medidas da Consellería de traballo só conseguen “drenar os recursos públicos para favorecer á patronal explotando aos mozos e mozas galegas”, negocio, que a nacionalista cualificou de “redondo para ás empresas” que contratarán a xente nova.

Finalmente, a parlamentaria tamén criticou o Plan de dinamización demográfico do que dixo, “a mocidade non ten fillos porque non teñen traballo” e o Plan de Envellecemento activo do que asegurou ir dirixido a un segmento da poboación dos máis castigados socialmente co pago de medicamentos e pensións máis baixas do Estado, concluíu.

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG