Montse Prado, a través dunha pregunta ao Goberno, denuncia unhas cotas pesqueiras que de novo castigan á flota galega e persecución da Xunta dos buques e patróns galegos como delincuentes
Na pregunta formulada ao Goberno pola portavoz de Pesca do BNG, Montse Prado sobre os recortes de captura impostas á flota galega de baixura pola Unión Europea e o Goberno do Estado español, a nacionalista afirmou que os mariñeiros e buques galegos están a ser perseguidos e tratados como delincuentes baixo o denominado protocolo de control, por parte da Armada, Garda Civil e inspectores da Xunta d de Galiza.
Despois de 30 anos na Unión Europea, explicou , seguimos tendo só un 7 por cento das capturas e a flota galega ten prohibido pescar xarda porque outros países queren esa cota de pesca para facer fariña.
Un protocolo de control que persegue aos mariñeiros como se fosen narcotraficantes
A deputada reprochou á conselleira de Pesca non ser sensible co drama da costeira da xarda e acusou á consellería galega de complicidade co ministro Cañete para aplicar protocolo de control que non é outra cousa dixo, máis que un asediou e persecución ás embarcacións, mariñeiros e patróns como narcotraficantes, pola Armada, Garda Cívil e inspectores da Xunta.
Neste momento, manifestou, é máis grave atopar unha caixa de xarda a bordo que un alixo de cocaína , tratan vostedes as xentes do mar como delincuentes co obxecto de servir os intereses que mandan en Europa.
Unha vez máis, tantos esforzos para perseguir o sector e tan pouco para cambiar as normas do xogo
Prado asegurou que a proposta da Comisión europea foi vendida como un éxito pero en realidade a conclusión é sempre menos quilos de peixe para o sector pesqueiro galego.
Neste sentido, engadiu que no seu momento, o BNG denunciou o mal acordo que daba por bos os acadados no 2011 e 2012 e que provocaron o amarre da flota de baixura e tirar peixe ao mar.
A deputada do BNG lamentou que o acordo para o 2013 sexa similar aos anteriores con recortes nalgunhas especies e noutras sexan significativos, resulta insultante, dixo, que o acordado se presente como un éxito se ademais sumamos a nova distribución das cotas da pesca dentro do Estado apoiada polo ministro Cañete, donde a flota galega é outra vez castigada.
A parlamentaria do BNG concluíu animando a conselleira de Pesca, Rosa Quíntana a falar co sector e explicar as vantaxes do novo acordo e o grande éxito das cotas para as capturas como manifesta no Parlamento galego.