Montse Prado advirte que as áreas de xestión clínica conducen á privatización

A deputada formulou hoxe unha pregunta á conselleira de Sanidade sobre a posta en marcha das unidades polo Sergas

Montse Prado

A deputada do BNG, Montse Prado formulou hoxe unha pregunta á conselleira de sanidade sobre a posta en marcha polo Sergas das Unidades clínicas que cualificou de “ferramentas de privatización” da Sanidade Pública.

A deputada nacionalista defendeu no seu lugar, áreas de xestión clínica que busquen a “boa coordinación entre servizos” con avaliación de resultados para a mellora da calidade asistencial e garantía de permanencia do sistema público.

Para a parlamentaria do BNG, é preciso ir cara unha xestión clínica que busque a “eficacia e eficiencia do servizo” e lonxe de desenvolver unha xestión clínica nesta dirección, criticou,o PP, está elaborando unhas áreas de xestión destinadas a “un modelo de xestión que provoca u grave impacto na atención sanitaria, baixo unha única xefatura e que anula aos profesionais”.

Un modelo de área de xestión clínica, reiterou, que non busca mellorar a sanidade pública, máis ben todo o contrario, afirmou pretende “privatizala” en aras dun “ hipotético aforro” en troques dos resultados de saúde.

Vostedes, dixo, trasladan os recortes aos profesionais, ese é o único interese do PP, mesmo modificando as retribucións dos profesionais.

Pola súa parte, a conselleira de Sanidade, Rocio Mosquera defendeu optimizar os recursos implicando aos profesionais sanitarios na práctica clínica, organizando o proceso nas mellores evidencias científicas, a través dun modelo que xa está en marcha noutras comunidades.

Na quenda de réplica, Montse Prado acusou á conselleira de manter un discurso no Parlamento diferente o que recibiron os profesionais, “queda moi ben o que vostede está a dicir” pero a realidade é que os traballador@s non saben se recibirán unha retribución digna ou se deberán cambiala en función do reparto de aforro na implantación da xestión clínica, “ao igual que fixeron coa lei de garantías de prestacións sanitarias, lembrou Prado, agora pretenden afogar máis á sanidade”, pretenden que sexan os traballador@s o “dique de contención das protestas contra a sanidade pública do PP”, concluíu.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG