A Alianza Social Galega convova mobilizacións para hoxe xoves contra os recortes e por outra saída social á crise.
As máis de 60 entidades que conforman a Alianza Social Galega fan un chamamento a participar nas concentacións nas principais cidades e cabeceiras de comarca. Mobilizacións coas que se queren denunciar as políticas antisociais que está a adoptar o goberno do PP e entre as que salientan a non revalorización das pensións, os retallamentos nos salarios dos traballadores, os recortes na sanidade e no ensino públicos e a contrarreforma ideolóxica que representan a LOMCE ou Lei de taxas xudiciais. Como parte das reivindicacións tamén estará a esixencia de reformar da normativa hipotecaria para pór fin ao drama dos desafiuzamentos e lograr a dación en pagamento.
Velaquí as horas e lugares das concentracións:
A CORUÑA Delegación do Goberno 19:30. Asistirá o portavoz do Grupo Parlamentar do BNG, Francisco Jorquera, e o deputado Carlos Aymerich.
FERROL Edificio da Xunta de Galicia 19:30
SANTIAGO Praza de Galicia 19:30. Asistirá a deputada do BNG, Ana Pontón.
LUGO Subdelegación do Goberno 20:00
BURELA Praza da Mariña 20:00
OURENSE Subdelegación do Goberno 19:30
PONTEVEDRA Subdelegación do Goberno 19:30. Asistirá o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez.
VILAGARCÍA Praza de Galicia 20:00. Acudirá a deputada do BNG, Montse Prado.
VIGO Diante do Museu Marco (rúa do Príncipe) 20:00. Asistirá Carme Adán, deputada do BNG.
Integrantes da Alianza Social Galega:A Mesa pola Normalización Lingüística; ACSUR Galicia; Asemblea de Cooperación pola Paz; Asociación Fuco Buxán; Asociación Galega de Historiadores; Asociación Galega de Mariscadoras/es; Asociación Monte Pindo Parque Natural; Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA); Asociación Sociocultural Namentras; Asociación Sociopedagóxica Galega; Confederación Intersindical Galega (CIG); COGAVE; Colectivo Encontro Benestar Social; Colexio de Educadores/as Sociais de Galicia; Comisión pola recuperación da memoria histórica da Coruña; Comités Abertos de Facultade; CONFAPA Galicia; Confraría Pescadores Poboa do Caramiñal; Coordinadora Galega de ONG; Escola Viva; Fed. ANPAS Compostela; Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura; Federación de Asociacións de Mulleres Rurais; Federación de Profesionais e Autónomos/as de Galicia; Federación Galega do Medio Ambiente; Federación Galega de Bandas de Música Populares; Federación Provincial APAS Lugo; Federación Rural Galega; Fundación 10 de Marzo; Fundación Castelao; Fundación Defensa dos Consumidores; Fundación Estudo e Divulgación da Cuestión Social e Sindical na Galiza; Fundación Galicia Sempre; Fundación Luís Tilve; Fundación Paz e Solidariedade; Iniciativa Estudantil Galega; Iniciativa Galega Pola Memoria; Instituto de Cooperación ao Desenvolvemento de Galicia ISCOD; Instituto Galego da Historia; Liga Estudantil Galega; Mesa Galega de Educación no Rural; Movemento polos Dereitos Civís; Nova Escola Galega; Plataforma en Defensa do Ensino Público; Plataforma en Defensa do Sistema Público Galego de Servizos Sociais; Plataforma Galega Defensa do Ensino Público; Plataforma polo Emprego; Plataforma Queremos Galego; S. N. de CCOO de Galicia; Seminario Galego de Educación para a Paz; Sindicato de Estudantes; Sindicato de Xornalistas; Sindicato Labrego Galego; Sindicato Traballadores Ensino Galicia; SOS Sanidade Pública; UGT-Galicia; Unión de Autónomos de Transporte por Carretera y Mar; Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos; Unións Agrarias; USTG; Xustiza e Sociedade.