Contra a LOMCE, e en defensa dun ensino público de calidade,

O BNG apoia a manifestación convocada pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público contra a LOMCE  que se celebra mañá en Santiago de Compostela, nun acto reivindicativo organizado en tornor a catro marchas  que parten desde diferentes puntos da cidade para confluir na Praza das Praterías. En concreto, o portavoz nacional, Xavier Vence, se sumará á marcha que partirá do Viaducto da Rocha ata o centro da capital galega.

Para a formación nacionalista, esta lei auspiciada polo ministro de Educación, José Igncio Wert, favorece a españolización do alunado en Galiza en particular en materia lingüística,  aposta pola privatización e por fomentar o ensino privado en detrimento do público e promove unha educación confesional e antipedagóxica, que ten merecido un rexeitamento maioritario da comunidade educativa.

Consulta aquí os actos previstos polo plataforma convocante:

 

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG