@jorqueracaselas recolle suxestións na súa conta twitter: que lle dirías a Feijóo na investidura?

O portavoz do grupo parlamentar do BNG, Francisco Jorquera, abre unha canle directa de comunicación coa sociedade através das redes sociais e pergúntache que lle dirías a Feijóo na sesión de investidura.

Podedes, por tanto, dirixirvos a el através da súa conta en Twitter @jorqueracaselas.

48 horas para achegardes suxestións

A sesión de investidura, logo do discurso de Feijóo desta maña, vaise reanudar o vindeiro xoves apartir das 11 horas precisamente coa intervención de Jorquera.

Hai, pois, 48 horas por diante para achegardes suxestións ao parlamentar nacionalista.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG