Jorquera xulga un "parche" o acordo de Alemaña, Franza, España e Italia sobre o crecemento

O candidato nacionalista á Presidencia da Xunta de Galiza asegura que o acordo dos “catro xefes de Goberno da U.E” non contribuirá ao crecemento económico de Europa.

Francisco Jorquera cualificou hoxe de “ simple parche” o acordo acadado onte entre os xefes dos estados de Alemaña, Franza, España e Italia para o “estimular o crecemento económico da U.E”

Un acordo insuficiente para o impulso de crecemento  económico en  Europa

O deputado asegurou que este acordó é “insuficiente” porque aposta por un Plan de 130 mil millóns de euros para o conxunto da Unión Europea mentres no Estado español levánse movilizado “118 mil millóns de euros para sanear á banca privada con recursos públicos.

Francisco Jorquera tamén aludiu ao “resgate” dos bancos para os que son precisos 66 mil millóns ante o que reclamou un “cambio de rumbo da política europea, superar as políticas de recortes, rexeitar a suba do IVE e revisar o papel do Banco Central Europeo que no canto de beneficiar aos estados está a refinanciar á banca privada”

Reforma da Política Pesqueira

O deputado e candidato á presidencia da Xunta de Galiza realizou estas declaracións minutos antes de comezar o encontró co sector pesqueiro organizado polo BNG na vila pontevedresa de Moaña para explicar o contido da Reforma da Política Pesqueira Común e reivindicar un “novo estatus de Galiza na U.E nesta materia”.

Francisco Jorquera, acompañado da eurodeputada do BNG, Ana Miranda e o deputado no Parlamento galego, Bieito Lobeira, reclamou o recoñecemento da “potencialidade de Galiza en materia pesqueira e marisqueira”, porque “Galiza, dixo, precisa políticas que aposten por esta capacidade produtiva”.

Jorquera lembrou que na entrada do Estado español na U.E, “Galiza era a primeira potencia pesqueira de Europa”, e agora, engadiu,nos tres últimos tres anos, “perdéronse 198 buques e 1.600 postos de traballo”.

Galiza precisa que  Europa recoñeza o seu estatus en materia pesqueira e marisqueira

Para o deputado no Congreso, esta situación é consecuencia dunha marxinación da flota galega en favor doutras flotas pesqueira, “frente a isto, afirmou, debemos reclamar a nosa capacidade para decidir e non podemos tolerar que o futuro do sector naval e pesqueiro sexa decidido en Bruxelas ou en Madrid mantendo a Galiza á marxe”.

Fontes de financiacimamento

Jorquera asegurou que é necesario insuflar medios económicos á flota galega ao fin renovar a flota avenllentada coa construcción de novos buques.

O parlamentario avogou pola “Banca galega pública” como solución para resolver os problemas de financiamento e para evitar “escándalos indecentes” como as indemnizacións millorarias a directivos ou emisión das participación preferentes.

Dimisión de Mauro Varela

Sobre este producto financeiro, que afecta a máis de 70.000 galegos e galegas, Francisco Jorquera aludiu ás recentes declaracións do copresidente de Novacaixagalicia, Mauro Varela nas que insultaba aos galegos e galegas afectados ao afirmar “que sabían o que facían e tiña toda a información”.

Jorquera pediu a “dimisión” do directivo e manifestou, no seu nome e no do BNG, “a indignación por estas palabras” polo que reclamou a constitución dunha Comisión de investigación no Parlamento galego para depurar responsabilidades neste “ engaño masivo”.

90 emendas á Reforma da Política pesquería

Trala intervención de Francisco Jorquera, a eurodeputada Ana Miranda e o deputado Bieito Lobeira explicaron as emendas máis significativas presentadas polo BNG en Bruxelas á Proposta do novo regulamento que establecerá as regras para o sector pesqueiro no período 2014-2020.

 

Miranda e Lobeira coincidiron na diagnóse do sector pesqueiro galego e amosaron o seu apoio á pesca artesanal que debe incluír buques de 15 metros de eslora ou que realicen mareas de ata 36 horas.

Entre as emendas nacionalistas tamén figura a demanda da supresión do “principio de estabilidade relativa” que resulta “discriminatorio” no reparto das cotas de pesca entre os Estados.

 

 

 

 

 

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG