O candidato do BNG á Xunta, Franciso Jorquera, considera que a demisión do Valedor do Pobo "é unha boa noticia pero chega tarde".
Jorquera lembra que o Valedor debería ter demitido hai tempo e reitera que para o BNG esta Institución é moi necesaria, máxime nun contexto de crise económica como o actual, e cómpre prestixiala
O candidato do BNG amosou a colaboración do BNG para o relevo de Benigno López, porque estamos dispostos a contribuir a prestixiar esta institución.
Esta institucion, é necesaria e debe ser prestixiada.
Nese sentido, manifestou a boa disposición do grupo nacionalista a consensuar con outras forzas parlamentares unha persoa que estea á altura da dignidade que representa esta institución.
Desde logo, o candidato do BNG deixou claro que "en ningún momento cuestionamos esta institucion, é necesaria e debe ser prestixiada".