O portavoz do BNG no Congreso, Francisco Jorquera, solicitou hoxe a comparecencia do Ministro de Educación, José Ignacio Wert, para que explique por que razón vai modificar o temario da asignatura de Educación para a Cidadanía.
Jorquera critica que baixo o argumento de elimiar cuestións controvertidas e adoutrinamentos ideolóxicos, o Ministro pretenda suprimir contidos de carácter social, igualitario e de respecto a outras opcións sexuais cando ao mesmo tempo queren incluir apriorismo ideolóxicos como o relativo ao nacionalismo excluínte e o que atinxe ao papel da iniciativa privada na economía.
O que fai o PP é impór a súa ideoloxía, afirmou Jorquera. O deputado do BNG tamén pediu a comparecencia do Ministro de Educación para que acuda á Cámara a explicar as conclusións da Conferencia de Educación que se vai celebrar este xoves onde se tratará a nova normativa para endurecer os criterios para ser beneficiario dunha bolsa universitaria.
O deputado do BNG reprocha ao Ministro que baixo o argumento de eliminar adoutrinamentos ideolóxicos suprima contidos relacionados coa igualdade, o respecto e introduza apriorismo ideolóxicos
Jorquera deixou clara a posición do BNG sobre adoutrinamentos no ensino e pediu a eliminación da asignatura de relixión do currículo académico. O BNG sempre defendeu unha educación laica e contraria a calquer adoutrinamento ideolóxico e moral.