Jorquera acusa a Feijóo de crear “crear falsas expectativas” aos preferentistas

Comparecencia de Francisco Jorquera ante os medios de comunicación

O deputado reprobou “o dobre xogo” dos populares por votar favorablemente na Cámara galega a Proposición de lei do BNG para suprimir a quita e rexeitar a mesma proposta en Madrid para seguir manténdoa

O portavoz do grupo parlamentario do BNG, Francisco Jorquera manifestou hoxe, en sede parlamentar, que o Partido popular tivo un “comportamento bochornoso” no pleno celebrado esta semana ao que sumou o “dobre xogo” de votar no Parlamento galego a favor da Proposición de lei do BNG para eliminar “a quita” aos afectados polas preferentes e o mesmo día, “votar a favor no Congreso en Madrid a favor de mantela”.

Ante os medios de comunicación, Jorquera aludiu ás explicacións de Feijóo para xustificar ambas votacións que o deputado do BNG cualificou de “irrespetuosas” cos cidadáns, o Parlamento galego e unha “burla”aos os afectados polas participacións preferentes.

O nacionalista explicou que o Presidente da Xunta acusa ao BNG de trasladar unha iniciativa ao Parlamento galego sobre a que non ten competencias e lembrou que a Lei 9/2012 que establece a quita, “invade competencias” e o Parlamento galego ten a obriga de defendelas, polo tanto, dixo, “está lexitimado legalmente para iniciar a reforma dunha lei estatal”.

 As manifestacións de Feijóo evidencian o seu desprezo polo Parlamento e certifican que non acredita no “autogoberno”.

O portavoz do grupo nacionalista censurou que o Presidente da Xunta argumentara que o BNG responsabilizarao tamén dos afectados de Bankia e outras entidades financeiras ao seren rexeitada a iniciativa do BNG no Congreso, argumento sobre o que o deputado mostrou a “súa perplexidade” e do que dixo que os afectados de Bankia tamén teñen dereito á devolución total dos seus aforros.

 Feijóo segue burlándose d@s galeg@s

Jorquera afirmou que Feijóo volve a burlarse dos pequenos aforradores galegos e a vender “fume” para xustificar “a súa traizón” anunciando que nas próximas semanas 20.000 persoas que non superen os 10.000 euros recibirán a totalidade dos seus aforros dando por zanxado “en falso” un problema que afecta a moitos mais aforrador@s que foron enganados e estafados.

O parlamentario indicou que unha vez máis “Feijóo pretende xustificar o inxustificable” e crear “falsas expectativas ao conxunto dos estafados por participacións preferentes” porque os que superan os 10.000 euros son a maioría d@s afectad@s e a vía da arbitraxe só resolveu o 18 por cento do volume total de preferentistas galegos.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG