Galiza á cola do emprego das persoas con discapacidade

Intervención da deputada do BNG, Carme Adán

A deputada do BNG, Carme Adán acusa á conselleira de Benestar de “colgarse medallas” a pesar da súa intención de seguir recortando as liñas de axudas en dependencias

Pleno-. A deputada do BNG, Carme Adán retou hoxe a conselleira de Traballo e Benestar a desmentir que “Galiza non estea a cola da empregabilidade de persoas con discapacidade”.

Tras a intervención en sesión plenaria da conselleira, Beatriz Mato para informar, por petición propia, das actuacións e desenvolvemento , no ano 2013, da integración social e laboral das persoas con discapacidade, a deputada nacionalista acusou a titular de Benestar de “utilizar o Parlamento galego para colgarse medallas que non lle corresponden” ,a tenor dos datos de Galiza sobre empregabilidade de persoas con discapacidade.

Adán reprochou á conselleira a súa intención de seguir recortando as liñas de axudas a dependentes e furtar á oposición dun “verdadeiro debate sobre a xestión política da consellería” e pediu a Mato que recoñecera os datos do último informe do Instituto Nacional de Estatística de Madrid, marzo 2013 que constata que “ Galiza ocupa o quinto lugar pola cola” en emprego de persoas con discapacidade.

A deputada criticou a redución das subvencións para orientadores, medidas que estendeu o 065 do que dixo, o propio Valedor do Pobo indicou os “problemas derivados da falta de atención na demanda” das persoas que “regularmente precisan asistir a un centro” por unha incapacidade intelectual ou ben por acudir de maneira regular.

Nós, engadiu, o que lle plantexamos é que nos explique os plans de futuro a respecto do 065 e vostede segue avogando por “recortar máis liñas de axudas aínda que lle chame eufemisticamente reordenar”.

Para a parlamentaria, as prazas deben figurar en residencias públicas e non “en negocios” primeiro subvencionados polo IGAPE para que se constrúan e despois garantir durante anos un canón para conveniar esas prazas.

O transporte do 065, afirmou “quedou sen atender” e o Goberno segue sen explicar os motivos ao igual que a dependencia nas que as propias entidades reciben constantes queixas de familias con fill@s con discapacidade que non poden acceder a prestacións de dependencia porque a tramitación de recoñecementos ou está suspendida o realizase con “enorme lentitude”.

A parlamentaria concluíu denunciando a falta de asistencia nos colexios para persoas con discapacidade así como a negativa do Concello da Coruña que lles impide acceder aos campamentos urbanos de día.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG