Encontro do BNG co colectivo Que volten a casa

O portavoz do Grupo Parlamentar do BNG, Francisco Jorquera, e os deputados Carlos Aymerich e Carme Adán, mantiveron unha reunión coa plataforma “Que voltem a casa” na que esta transladou a súa preocupación pola conculcación dos dereitos fundamentais de presos e presas galegos, situación que viola a lexislación penitenciaria e diversos instrumentos internacionais ratificados polo estado español, particularmente en materia de prevención da tortura.

Reiterando o seu rexeitamento da violencia, o BNG comprométese a seguir demandando en todas as instancias nas que está representado, a derrogación das leis de excepción que impoñen a incomunicación d@s detid@s, o achegamento a Galiza das persoas encarceradas fóra do país e a prevención e persecución da tortura, de conformidade coas recomendacións do Comité de Dereitos Humanos da ONU e do Protocolo Facultativo da Convención contra a Tortura.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG