Máis de 20.000 persoas foron as grandes protagonistas dun histórico e masivo Día da Patria Galega 2012. A sociedade galega respondeu, e de que xeito, á chamada do Bloque Nacionalista Galego, que convocaba este ano o Día da Patria Galega baixo o suxestivo lema de Rescata os Teus Dereitos. En Bloque Podemos!
Con tantos corazóns, con tantos brazos, con tanta paixón, quen poderá deternos?