A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, reprochou ao PP que lamine a ILP sobre a dación en pago.
Á saída da ponencia que debate o proxecto de debedores hipotecarios e a ILP sobre dación en pago e desafiuzamentos, Davila puxo de manifesto a insatisfacción do BNG polas propostas de emendas que está a facer o PP porque na realidade está laminando a ILP sobre a dación en pago.
A deputada do BNG criticou o peche do PP que ademáis só fai propostas que logo na práctica non se van poder materializar. Subliñou Davila que ante a negativa do PP, o BNG traballará para que se poidan incluir outros supostos en relación á dación en pago. Na tramitación, trataremos de defender que flexibilice a súa postura e aceite outros supostos ou alternativas.
A parlamentar nacionalista censurou o doble xogo do PP, que por un lado aceitou a tramitación da ILP pero á hora da verdade foi só unha pose porque cuestións fudamentais como a dación en pago as está a bloquear e obstaculizar. En realidade, fai a súa pasando dunha Iniciativa Lexislativa Popular, apoiada por moitas sinaturas da xente.
Ademáis, Davila foi moi crítica coas voltas do PP en relación ás cláusulas bancarias abusivas: A lei debe sair moi clara no que atinxe ás cláusulas abusivas. Non se pode deixar nada aberto porque ate os xuices están a emitir sentenzas moi claras sobre esta cuestión. O normal sería que o PP asumise o que os xuices xa din en moitas sentenzas.
A deputada do BNG puxo en destaque emendas do BNG como a referida á necesidade de aplicar a lei concursal tamén ás persoas físicas endebedadas. De igual xeito que as empresas que non poden afrontar pagos se poden declarar en suspensión de pagos e ampararse na lei concursal, o BNG considera que tamén se debería aplicar a lei concursal ás persoas endebedadas que o precisen.