A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, acusou a Rajoy de ter feito un discurso de campaña eleitoral no que só lle faltou peder o voto ao final.
Davila fixo unha avaliación do discurso do Presidente do Goberno español, quen hoxe iniciou que se considera o último Debate de Política Xeral da presente lexislatura.
Davila acusou a Rajoy de facer un discurso tramposo porque á vez que deu o dado de 156.000 parados menos desde o ano 2011 calou que do estado español marcharon 2 millóns de persoas. Tildouno de insulto á cidadanía por se ter vanagloriado das súas políticas que dí que nos sacaron da crise cando as consecuencias das súa políticas están á vista: un 66% da poboación está en perigo de exclusión social. Esa é a realidade.
Non se tocou o Estado de Benestar?, calquera pode ver que non é así
Ademáis, non esqueceu Davila o deterioro dos servizos públicos, e reprochou ao Presidente do Goberno que afirmase que non se tocou o Estado de Benestar cando calquer cidadán que acuda hoxendía á sanidade decátase enseguida de que si se tocou o Estado de Benestar.
En canto ás mensaxe de futuro de Rajoy, a deputada do BNG aludiu ás afirmacións de creación de emprego en base á competitividade que fixo o Presidente do Goberno, para censurar que precisamente esa competitividade é a que trouxo un deterioro enorme das condicións laborais, máis inseguridade no traballo, e salarios máis baixos.
No que atinxe á corrupción, Davila criticou a aprobación de medias sen eficacia e reprochou a Rajoy que obviase a corrupción do seu partido: A corrupción na que el esta acomodado está fundamentalmente no seu partido.
No aspeito referido á Catalunya e o dereito a decidir, Davila acusou a Rajoy de manter unha postura cerril e denunciou o empeño por recentralizar competencias que teñen as CC.AA.
Rematou a parlamentar nacionalista criticando o elenco de propostas demagóxicas que fixo e de ter feito un discurso de campaña eleitoral no que só lle faltou peder o voto ao final.