A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, demandou a Rajoy no Pleno que defenda os intereses de Galiza en Bruxelas porque precisamos do financiamento europeo.
Esta foi unha das peticións que a deputada nacionalista trasladou ao Presidente do Goberno español quen comparecía esta mañá na Cámara para dar conta dos últimos Consellos Europeos.
Preocúpanos especialmente a posición de Galiza
A deputada do BNG puxo a énfase na situación de Galiza. Preocúpanos especialmente a posición de Galiza neste totuum revolutum. Así criticou a intención da UE de usar o periodo 2007-2009 para calcular a renda per cápita de cara o vindeiro Orzamento europeo. Consideramos que é un baremo inxusto, un baremo de precrise que non reflexa a realidade actual do territorio galego. A situación económica de Galiza nada ten que ver cos anos 2007, 2008 e 2009.
Davila pediu a Rajoy que traballe en Bruxelas para lograr que Galiza fique integrada nas denominadas rexións de transición, tomando como referencia para o cálculo da renda per cápita o periodo 2009-2011. Defenda os nosos intereses porque Galiza precisa de financiamento comunitario para non retroceder décadas.
O BCE: adicado a vixiar que NCG banco cumpra cos despedimentos e os peches
No que atinxe ao Consello da UE de decembro de 2012, o principal compromiso foi a aplicación dun sistema de supervisión financeiro europeo. Davila criticou o papel otorgado ao BCE de supervisor máximo. O BCE segue sen ter o cometido que debería ter. Continuamos agardando por un BCE que sexa un auténtico prestamista dos Estados que o precisan en lugar de actuar como controlador dos intereses da banca privada, sobre todo da alemana.
A portavoz do BNG reprochou a Rajoy que puxeran ao BCE a viciar o carto que reciban os bancos do Estado español como NCG banco para que cumpra os cometidos impostor: miles de despedimentos, peche de centos de oficinas bancarias e eliminación de calquer rastro das Caixas.
Máis, reprochou a Rajoy que fiquen fóra dese control non só países que están fóra do acordo senón tamén Alemaña que preservou as súas entidades bancarias.
Davila criticou que o Presidente do Goberno veña a acreditar un Consello que segue empeñado en reforzar un modelo europeo que non só demostrou as súas debilidades senón tamén a súa perversidade. Continúan coa obsesión economicista e mercantilista. E o BNG defende unha UE máis social, onde as persoas sexan o primeiro. Un modelo que fracasou.
Nese sentido, a deputada do BNG afirmou non entender tanto festexo por un premio nobel da Paz inexplicábel Señor Rajoy. A violencia non provén só dar armas, a violencia tamén se xenera cando se leva a toda unha sociedade a un calexón sen saída como vostés están a facer