A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández, presentou varias iniciativas parlamentares na Cámara para que non se aprobe o cobro de taxas polos trámites habituais nos Rexistos Cívís.
Davila insta ao Ministerio de Xustica a manter a actual estrutura administrativa do Rexisto Civil, evitando a súa adscripción a calquer tipo de xestión privada.
A deputada do BNG fai alusión ao anuncio do Ministro de Xustiza de que se está preparando unha reforma legal para trasladar as competencias do Rexisto Civil aos rexistradores mercantís e aos de propiedade.
Con esta proposta todo indica que estamos ante unha nova privatización, neste caso a privatización do Rexisto Civil que como é habitual neste Goberno, prexudicaría á maioría da poboación. De seguer adiante Gallardón, o Rexisto Civil deixará de ser un servizo público, sinala Davila.
A deputada do BNG bautizou a Gallardón como o Ministro das Taxas porque parece que é o único que sabe facer no ámbito da xustiza. Moito nos tememos que os cidadáns vaian ter que pagar aos rexistradores por obter un certificado de nascemento, de defunción ou outros actos de Estado civil.
Dávila acusa ao Ministro de Xustiza de se mover na ambiguedade calculada xa que non revelou que trámites haberá que pagar.
Taxas entre 10 e 40 euros
Si se sabe, enfatiza a deputada nacionalista, que as taxas oscilarán entre os 10 e os 40 euros e que se van aplicar a trámites como matrimonios, divorcios, cambios de nomes e apelidos, así como nas peticións de nacionalidade.
Olaia Fernández Davila pón de manifesto que a pretensión do Ministerio de Xustiza se está a xerar despois de que se levara a cabo hai pouco unha modernización dos Rexistos Civís, informatizando e digitalizando estas sedes. Unha actualización que supuxo o investimento de 128 millóns, que para sorpresa de propios e alleos será aproveitado pola xestión privada. Ese é o santo e seña do modo de proceder do Goberno que se adica a traspasar o custe da crise á poboación a base de aumentos do IVE, taxas xudiciais, incrementos da luz e do gas, baixadas de salarios e ERE´s.
Dávila acusa a Gallardón de ter a virtude de ter en contra das súas reiteradas e constantes reformas a todo o mundo xudicial, avogados, procuradores, letrados e demás profesionais do ámbito da xustiza. Circunstancia que debería levalo a unha seria reflexión porque está provocando un clima de auténtico confronto.