A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, rexistrou unha iniciativa parlamentar na Cámara para saber se son certas as informacións que indican que Joaquín Almunia xa tería dado unha resposta sobre o tema do Tax Lease ao Goberno español.
Recibiu o Goberno por fin comunicación oficial da Dirección Xeral da Competencia da UE en relación á proposta presentada sobre un novo esquema de Tax Lease? Cal é a resposta de Competencia? Aprobou a proposta presentada polo Executivo español?, son algunhas das cuestións que a deputada do BNG dirixe ao Goberno.
O sector naval da Ría de Vigo á espera aínda
Davila pón de manifesto que varias informacións indican que o esquema do novo Tax Lease para o sector naval estaría xa pactado. E díse que Almunia non pón obxecións á dita proposta. De ser así, puntualiza da deputada do BNG, por que o Goberno non aprobou aínda a normativa correspondente para que canto antes o noso sector naval poida saír da situación de parálise na que se atopa?.
É certo, sinala Davila, que a Dirección Xeral da Competencia da UE demanda ao Goberno español unha fórmula legal al problema das bonificacións recibidas. Recolle a deputada nacionalista que segundo fontes comunitarias o novo esquema de Tax Lease, non s poderá pór en marcha se non se resolve o modelo anterior, e dadas as proxeccións dos expertos, este tema debería resolverse canto antes a fin de que o novo instrumento fiscal se poña en práctica rapidamente.
E no mellor dos casos, xa nos poñeríamos no 2013, o cal non é unha boa noticia para o sector naval da Ría de Vigo tan necesitado de que se desbloquee a situación pero xa.
A deputada do BNG demanda ao Goberno que axilice a tramitación da normativa pertinente.