A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, subiu á tribuna este mediodía para demandarlle ao Presidente do Goberno español, Mariano Rajoy, que se faga un debate en profundidade, con luz e taquígrafos sobre o Tratado de Libre Comercio EE.UU-UE.
Olaia Fernández Davila demandou ao Presidente Rajoy un pleno no que se debata con transparencia sobre este preocupante Tratado. Nese sentido, puxo de manifesto que nos debates no Parlamento Europeo se evidenciaron as negativas repercusións no emprego, nos dereitos sociais, laborais e sanitarios e nos sectores produtivos que vai traer este Tratado.
Criticou o oscurantismo co que se está a negociar, a falla de información que procede da imposición de silenzo por parte dalgúns mandatarios como é o caso do Goberno español. Cal é a postura do Goberno español sobre este tema?. Recriminou Davila a Rajou que se negocie ás costas da cidadanía europea e subliñou que a propia Defensora do Pobo Europeo está a peder maior transparencia.
Este Tratado ten o total apoio das multinacionais e iso da medo. Produce medo porque se pretenden empiorar as condiciones laborais, os dereitos e a capacidade dos nosos sectores produtivos, advertiu.
Traballo moi precario
Rajoy comparecía no pleno desta mañá para falar do último Consello Europeo celebrado o 19 e 20 de marzo. Aproveitou Davila para criticar o trunfalismo de Rajoy en relación ás cifas de crecemento económico e ás relativas á creación de emprego, 500.000 postos entre 2014 e 2015. Cifras que nos levan a facer unha profunda reflexión: non se entende que con todos eses novos postos de traballo o incremento dos ingresos na Seguridade Social sexa só do 0,96%, cando coas mesmas cifras noutros momentos iso tería suposto un aumento do 8%.
A deputada do BNG puxo enriba da mesa o principal motivo desta circunstancia: Isto é consecuencia da precariedade laboral. Eses contratos xeran un grande empobrecemento nos traballadores, en alusión á pésima calidade de contratación existente.