A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, rexistrou unha iniciativa parlamentar na Cámara para pedirlle explicacións ao Ministerio de Sanidade que dirixe Ana Mato para saber por que razón se retiraron da web do Ministerio as campañas de sensibilización contra a violencia de xénero.
xplica a deputada do BNG que a esta deputada lle resultou sorprendente comprobar como desapareceron da web de Sanidade todas as campañas de sensibilización contra a violencia de xénero. Neste sentido, lembra que campañas tan importantes como Sácalle Tarxeta Vermella ao maltratador, Ante o maltratador, tolerancia cero ou Todos os homes que haxa na miña vida, ningún será máis que eu.
Ana Mato da pouca importanza a este problema social
Davila enfatiza que o Ministerio só manté a campaña titulada Non te saltes os sinais. Elixe Vivir. Algo que preocupa á deputada do BNG porque moito nos tememos que o Ministerio non teña ningunha intención de cumprir coa Lei Integral de Violencia de Xénero no que atinxe ao seu departamento.
A deputada do BNG subliña que a pesar das declaracións da Ministra, hai que resaltar que o Ministerio mantén en cambio outras campañas de sensibilización como as do Plan Nacional de Drogas, contra o tabaquismo ou o consumo de alcohol. E denuncia que moito nos tememos que o recorte de máis do 70% do orzamento para actuacións de sensibilización fronte á violencia de xénero, sexa a verdadeira razón, o que demostra a pouca importanza que Ana Mato otorga a este problema social.