A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentou unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa para pedirlle explicacións ao Ministerio de Facenda porque os contribuíntes que usaron os números 901 agora comproban nas facturas de teléfono que se cobraron as chamadas.
Davila lembra que no inicio da campaña da renda, Facenda puxo a dispór dos contribuíntes unha liña telefónica 901. Xa advertíamos nunha anterior iniciativa parlamentar que as chamadas aos números 901 teñen un custe compartido, de modo que calquer contribuínte, empresa ou asesoría fiscal, deben abonar un prezo encuberto polo simple feito de peder información tributaria básica, realizar unha consulta fiscal, demandar certificacións tributarias, iniciar a tramitación de impostos ou solicitar cita previa.
A deputada do BNG sinala que criticábamos que a Axencia Tributaria non ofreces un número totalmente gratuito.
Xa nos temíamos que o 901 conlevaría custes. E así foi.
A Axencia Tributaria enganou aos contribuíntes
Explica a deputada nacionalista que nos chegaron as queixas de diversas persoas que efectuaron chamadas ao 901 por temas relacionados coa declaración da renda, e comproban agora nas súa facturas de teléfono que as chamadas ao 901 se cobraron.
Conclúe Davila que polo tanto, non houbo tal servizo público.
Olaia Fernández Davila considera que Facenda enganou aos contribuíntes que confiaron en que se trataba dun número gratuito. Así, menciona a resposta que a Axencia Tributaria deu a esta deputada o pasado 7 de maio sinalando que a Axenciar Tributaria oferece varios servizos através do telefone 901 e indicaba que en todos estes telefones, o custe do servizo, así como o estabelecemento da chamada, asúmeo íntegramente a Axencia Tributaria.
Que solución vai dar Facenda aos contribuíntes afectados? Vai reintegrarlles os cartos? Que explicacións da o Ministerio a este tema?, son algunhas das preguntas que dirixe ao Ministerio de Facenda.