A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, defendeu na Deputación Permanente da Cámara a solicitude de comparecencia urxente do Presidente do Goberno, Mariano Rajoy, polas últimas novidades do coñecido como caso Bárcenas, que en realidade é o caso do financiamento ilegal do PP.
Unha comparecencia rexeitada polo PP.
Na súa intervención en defensa da comparecencia de Rajoy, Davila afirmou que a súa comparecencia do pasado 1 de agosto non só non aclarou as dúbidas existentes, senón que os interrogantes se acrecentaron. A deputada do BNG sinalou que as novas coñecidas a posteriori da comparecencia do primeiro de agosto, e sobre todo, as declaracións de dirixentes do PP ante o xuiz Ruz, obrigan a Rajoy a comparecer de novo.
Razóns sobradas para recusar a Rajoy
A parlamentar nacionalista aludiu en concreto ás declaracións da Señora Cospedal quen identificou a Rajoy como o responsábel político do PP que acordou a situación financeira de Bárcenas, o seu finiquito e demáis. Ademáis, Davila subliñou que o Presidente do Goberno tampouco aclarou e segue sen aclarar a súa comunicación co ex tesoreiro do PP até días antes de ingresar no cárcere.
As dúbidas, dixo, mantéñense e considerou que Rajoy segue a mintir e a enganar á cidadanía. Hai razóns sobradas para recusar ao Presidente do Goberno español, e aprobar unha Comisión de Investigación sobre o financiamento ilegal do PP.