A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentou unha proposición non de lei e unha iniciativa parlamentar na Cámara Baixa para demandar ao Ministerio presidido por Montoro o incremento do personal nos servizos de Xestión Tributaria en todas as delegacións de Facenda para mellorar a atención aos contribuíntes.
Davila demanda que os cidadáns poidan ser atendidos de maneira presencial en calquer tipo de información ou consulta, eliminando a obrigatoriedade de solicitar cita previa. Pide que os cidadáns poidan ser atendidos personalmente polo técnico actuante dun expediente tributario no trámite de audiencia, de xeito que se lles permita aclarar ou xestionar todas as cuestións necesarias e evitar así as situacións de indefensión.
Por último, a deputada do BNG quer que Montoro volte a facilitar impresos de papel en todas as oficinas da Axencia Tributaria para a realización dos distintos trámites de maneira que non sexa a vía telemática a única prevista para facer todo tipo de xestión tributaria e se faciliten así dúas vías de resolución.
Facenda debe dar unha boa atención aos contribuíntes: presencial
Davila reprocha ao Goberno os recurtes na Administración de Facenda onde se substituiu o servizo de información presencial e imediato polo telemático e telefónico através da liña 901 que conleva o correspondente custe económico. Critica a deputada do BNG que nas oficinas da Axencia Tributaria carécese de personal para atender ás persoas que precisen realizar unha consulta ou ser informados de cuestións relacionadas coa xestión dos impostos.
Cos novos recurtes, afirma, calquer tema deberá abordarse pola vía telemática ou telefónica. E os que queiran atención persencial, deberán peder cita previa através do mesmo método. Pón de manifesto que as dificuldades agrávanse cando por exemplo o contribuínte precisa consultar ou facer xestións en relación a un expediente aberto pola Xestión Tributaria, pois nin siquera durante o trámite de audiencia pode receber a información adecuada xa que a persoa que os atende non é o técnico actuante no procedemento, como sinala a Lei Xeral Tributaria.
A estas deficiencias de atención e de personal, hai que engadir a falla de impresos en papel, o que dificulta a resolución das súas xestións. Un problema que afecta sobre todo a persoas de avanzada idade que non teñen acceso a internet e que se ven obrigados a recorrer a terceiras persoas. A deputada do BNG alude en concreto a falla de impresos do modelo 303 ou o 390.
Davila conclúe que a Axencia Tributaria empeorou significativamente o servizo aos cidadáns cos recurtes practicados o descontento da cidadanía incrementouse ostensibelmente. Hai queixas constantes, e aglomeracións de público nas oficinas da AEAT.