A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, subiu esta mañá á tribuna da Cámara Baixa para defender as emendas do BNG á reforma do Poder Xudicial.
Na sesión plenaria, Davila defendeu que a Administración de Xustiza na Galiza atenda aos cidadáns en lingua galega. Puxo de manifesto que só o 5% das sentenzas se dictan en galego, e explicou a actitude negativa da Administración de Xustiza nas Comunidades con lingua propia como Galiza. Por iso, recalcou, nos territorios con idioma oficial propio, o coñecemento da lingua debería ser un requisito imprescindíbel.
Neste sentido, Davila afirma que non se pode seguer vulnerando un dereito recoñecido legalmente.
Non á privatización dos Rexistos Civís e máis Xulgados para GZ
Outra das emendas a destacar do BNG neste proxecto de lei, é a que pide que se manteña no ámbito da Administración de Xustiza os Rexistos Civís, e renegando da súa privatización. A deputada nacionalista demanda que se evite a externalización aos rexistradores Mercantís e da Propiedade, asumindo o Corpo de Letrados a súa competencia, de xeito que se manteña a súa gratuidade.
Olaia Fernández Davila lamentou que non se aproveitase a este proxecto de lei para resolver o défice de xulgados e xuices existentes na Galiza, tal e como se puxo de manifesto no Informe do Consello Xeral do Poder Xudicial. Nesta liña, pediu más Xulgados e un incremento da dotación de personal para atender debidamente os casos.
Criticou ao PP e ao Goberno pola súa actitude na tramitación de leis no ámbito da Xustiza. Nunca houbo diálogo, ningún consenso cos grupos parlamentares e só se tiveron en conta as emendas presentadas polo grupo popular.
Finalmente, a parlamenta do BNG defendeu un grupo de emendas centradas na situación laboral dos funcionarios, con especial énfase na cuestión da reposición de postos de traballo e a necesidade de evitar a perda de dereitos socio-laborais.