Davila critica a desatención do Consulado en Estambul aos 42 ourensanos atrapados no aeroporto

bng40016A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, presentou unha iniciativa parlamentar na Cámara para criticar a desatención dos servizos consulares españoles en Estambul aos 42 ourensanos atrapados durante catro día no aeroporto da cidade turca debido a unha intensa nevarada.

A deputada do BNG descrebe o “auténtico pesadelo polo que atravesou este grupo de ourensanos, retidos no aeroporto Internacional de Atatürk durante case catro días debido á nevarada que obrigou a cancelar 600 voós”. Relata a deputada do BNG a mala experiencia vivida por este grupo de persoas que o mércores 18 de febreiro permaneceu más de 30 horas no aeroporto, sen receber información e totalmente desatendidos, desamparados e desprotexidos”.

“Cando por fin lograron que se lles trasladase a un hotel, estiveron metidos nun bús durante horas dando voltas pola cidade”, sinala. Davila afirma que debido ás nefastas condicións climatolóxicas, e o elevado número de voós cancelados, os servizos do aeroporto víronse desbordados pola compricada situación xerada. “A desatención foi a tónica xeral polo colapso producido, pero consideramos que non se pode desculpar a actitude pasiva e indiferente do Consulado español ou da Embaixada que, segundo as testemuñas dos viaxeiros afectados, non estiveron á altura das difíceis circunstancias polas que atravesaron”.

Requerían asistencia desde o primeiro momento

Davila reprocha ao Consulado e á Embaixada que se desentenderan e non prestaran a debida atención aos ourensanos afectados. “Entre os deberes das oficinas consulares está a de servir e atender a cidadáns do estado español con problemas no estranxeiro. A mala experiencia dos 42 ourensanos tería requerido dos servizos consulares af in de lles facilitar a asistencia, a comunicación ou os trámites de distinta índole”.

Por estas razóns a deputada do BNG dirixe ao Goberno unha batería de preguntas: “En que momento tivo o Consulado español ou a Embaixada coñecemento da compricada situación de 42 turistas ourensanos? Procedeu o Consulado a darlles asistencia desde o primeiro momento? De no ser así, A que se debeu esa deixación? Non é labor dos servizos consulares atender a todos os cidadáns que se atopan en dificuldades en países estranxeiros?”.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG