Davila critica a ausencia de políticas para loitar contra o paro: "Fagan un Plan de Emprego real"

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, fixo unha intervención no Pleno da Cámara demandando que o Real Decreto que prorroga o Plan Prepara se tramite como proxeto de

Lei para melloralo.

Davila fixo unha dura crítica pola ausencia de políticas reais do Goberno para loitar contra as dramáticas cifras do paro. "O 24 de xaneiro o Presidente do Goberno desde América anunciou a prórroga do Plan Prepara como a grande proposta para facer fronte a un 26% de paro".

"O BNG sempre defendeu a estabilidade da prestación para persoas paradas de longa duración e evitar a angustia que lles producía ter que revisar cada seis meses esta prestación. É unha grandísima decepción porque non teñen alternativas para facer fronte ao paro".

A deputada do BNG tamén reprochou ao Goberno "as limitadas e estrictas condicións que se exixen para poder acceder á prestación para parados de longa duración". Afirmou que a reforma laboral "non puido ser máis nefasta" e demandou a súa modificación urxente. "Seguimos co 90% de contratos temporais e con menos ingresos na Seguridade Social".

Davila urxiu ao Goberno a aprobar un Plan de Emprego real, "porque coas altas cifras de paro prorrogan o Plan Prepara non é a solución". Ademáis, rematou sinalando que este real decreto debe tramitarse como proxecto de lei porque precisa de moitas melloras.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG