Davila a Alonso: "A reforma laboral foi moi lesiva para as mulleres, a brecha laboral aumentou"

DSC_0667A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, dirixiuse ao Ministro de Igualdade, Alfonso Alonso, para facer unha crítica global ás políticas do Ministerio tanto en materia de igualdade como de violencia de xénero.

Davila ironizou coa intervención do Ministro ao que acusou de estar “noutra dimensión”. Demandoulle un traballo transversal porque ao Ministerio lle corresponde vixiar as políticas doutros Ministerios que afectan ás políticas de igualdade. “Tómanse moitas decisións que están aumentando a desigualdade”.

A reforma laboral está a ser demoledora

A deputada do BNG fixo especial fincapé na reforma laboral que “é prexudicial pero especialmente negativa para as mulleres porque empiorou as condicións laborais e salariais das mulleres. Incrementouse a brecha salarial e laboral”. Ademáis, apuntou ás políticas de recurtes como causantes de máis desigualdade. Neste sentido, mencionou os recurtes en servizos públicos como a sanidade, a educación , a eliminación da lei de Dependencia. Criticou os recurtes en todos estes servizos que comprican a conciliación da vida laboral e familiar.

En canto á violencia de xénero, Davila lembrou os últimos meses de 2014 no que se viviu un preocupante debate sobre o retroceso na atención ás mulleres en situación de violencia de xénero. Aludiu a casos graves que puxeron en evidencia os recurtes como no que atinxe ás ordes de proteción, as pulseiras ou en materia de medidas preventivas.

Outra cuestión abordada pola deputada do BNG foi a relativa á proteción aos menores, amosando a alarma suscitada polo borrador do Goberno sobre custodia. Moitas informacións recollían a posibilidade de que os maltratadores puideran ter un réxime de visitas aos fillos. “É temerario Señor Ministro. Se hai condena por maltrato non se poden plantexar un réxime de visitas así”.

Davila tamén mencionou o tema do día que foi a presentación por parte do PP dunha proposición de lei para reforma a Lei do Aborto no que atinxe á cuestión das menores de 18 anos. Acusou ao PP e ao Goberno de facer “demagoxia para atraer aos sectores ultra conservadores”, pero “obriga ás menores a ter que enfrontar procesos civís ou ter que acudir á clandestinidade”.

Olaia Fernández Davila afirmou que “a lei vixente está perfeitamente plantexada nese tema. Vostedes o que fan é que a decisión a tomen os pais e non a menor, tanto para unha decisión a favor ou en contra do aborto”. Deixou claro que o BNG está totalmente en contra desta reforma que se fai pola porta de atrás debido aos informes do Consello de Estado.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG