A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, acusou este mediodía á Ministra de Emprego, Fátima Báñez, de ter credibilidade nula porque mintiron e enganaron coas pensións.
A Ministra de Emprego, Fátima Báñez, comparecía este mediodía na Comisión de Seguimento do Pacto de Toledo no Congreso dos Deputados a solicitude do BNG.
Davila dixo á Ministra que a credibilidade deste Goberno, e en concreto a súa Señora Ministra, é nula porque procederon a graves incumprimentos. Vosté mesma dixo en Plenos, e con certo nivel de arrogancia, que este Goberno actualizaría as pensións. Pois nen cumpriron a lei, nen revalorizaron as pensións. Así que a súa credibilidade é nula.
Os efectos da reforma laboral son desastrosos
A parlamentar do BNG reprochou a Fátima Báñez que dixera que había que ser serios e rigurosos e sensatos. Pero dígame, por que non fixo este mesmo exercicio de clarificación antes? Cecáis porque había eleccións na Galiza e en Catalunya? Por iso tiñan que seguer mintindo e enganando? Este Goberno é cada día máis insolvente.
Ademáis, a deputada nacionalista puxo enriba da mesa o drama do paro, cunhas cifras que cada mes aumentan. Explique os efectos da reforma laboral sobre os índices de Seguridade Social. Explicareillos eu: a reforma laboral supuxo que o 73% das empresas fixeron ERE´s. Deses expedientes de regulación de emprego, o 43% son de rebaixas salariais.
Davila acusou ao Goberno de provocar que a Seguridade Social teña menos cotizantes polos miles de despedimentos que está a haber, e por riba, se reducen as cotizacións das persoas que están en activo. Señora Ministra, enfatizou a deputada do BNG, con este Goberno non se poden garantir as futuras pensións porque non hai emprego e vostés o destrúen continuamente. Non cremos no que nos din, é un Goberno insolvente.