A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, acusou no Pleno da Cámara ao Goberno de culminar hoxe unha reforma das pensións que só é para impulsar os plans de pensións privados.
O Pleno do Congreso debatía e votaba definitivamente hoxe a reforma das pensións do Goberno popular que en palabras de Davila é un recorte destinado a resolver o problema das entidades financeiras.
Advertiu a deputada do BNG que as presas do PP por sacar adiante esta reforma das pensións é porque teñen pensado nuns meses aprobar un proxecto de lei para impulsar as pensións privadas. Esa é a razón das presas.
Puxo de manifesto que as pensións se van devaluar en aproximadamente 1.500 euros o que suporá unha perda de case o 10% do poder adquisitivo dos pensionistas. Reprochou ao PP de pasar totalmente dos Acordos do Pacto de Toledo. O Goberno non ten en conta os informes do Pacto de Toledo e sinalou que o propósito do PP é mirar polos intereses da banca.
A deputada do BNG ironizou coas palabras da Ministra Fátima Báñez quen recomendou facer plans de pensións, sobre todo nos casos con bases de cotización baixas. Preguntámoslle á Ministra, con que cartos o fan? Con que medios se son mileuristas ou aínda pior? Son vostedes uns cínicos.