Davila achégase aos manifestantes ás portas do Congreso

A deputada do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, abandonou o pleno da Cámara Baixa durante uns momentos para aproximarse aos manifestantes que se concentran ás portas do Parlamento neste denominado 25-S.

Davila, xunto con outros parlamentares da coñecida como esquerda parlamentar, rompeu o cerco policial de seguridade e se misturou coas persoas que se manifestan nos accesos de entrada á Cámara Baixa. A deputada do BNG defendeu o dereito da cidadanía a manifestarse para expresar o seu malestar, máis "chamou a atención a discernir entre quen goberna a golpe de real decreto e aproba e aplica unhas políticas de recortes que están a asfixiar á xente, e as forzas políticas como o BNG que sempre nos opuxemos ás medidas anti-sociais".

A deputada do BNG afirmou que "os nacionalistas galegos votamos en cada pleno en contra das medidas de recortes do Goberno Rajoy emanadas da UE, da Troika e do FMI. Nunca traicionamos os nosos principios e a defensa do Estado de Benestar e o sistema público. E aí están os boletíns do Congreso para comprobalo".

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG