Daniel Rodas denuncia a "liquidación" da flota galega co aplauso do Goberno español

O portavoz de pesca do BNG critica que a Consellería de Pesca xustifique a “persecución” e sancións excesivas a flota pesqueira galega

O deputado do do BNG, Daniel Rodas denunciou hoxe, na Comisión de Pesca que se está a celebrar no Parlamento galego, a “criminalización e liquidación da flota pesqueira galega” a través de medidas impostas polo Goberno español e a Unión Europea co fin de beneficiar outras flotas.

Utilízanse fondos europeos, dixo, “non para poñer en valor a nosa pesca” senón, para fomentar o desguace dos nosos buques, “os controis de calidade non son para protexer” engadiu o deputado, son para perseguir os produtos galegos e non os de fora.

Os buques galegos acosados como delincuentes

Para o deputado do BNG, a redución da actividade extractiva a través da imposición de máis cotas, a posta en marcha do plan de recuperación se ter en conta os informes científicos que constatan que os nosos bancos se están recuperando , a aplicación de máis inspeccións como a da xarda con só 10 días actividade con capturas que son controladas pola Garda Civil, inspectores de pesca do Estado e Seprona a pé de porto, resultan medidas “insoportables” para a o desenvolvemento dunha actividade normal da nosa flota.

Medidas desproporcionadas contra a flota galega

Inspeccións coercitivas con medidas inxustificadas que non contan co apoio do sector, o establecemento do diario de abordo para informar puntualmente a Unión Europea da pesca da flota galega así como outras medidas que o deputado cualificou de “desproporcionadas” están levando a nosa flota, dixo, “á liquidación total”.

Neste sentido, Rodas pediu un cambio de rumbo nas liñas políticas da Consellería de Pesca para que Galiza acade o peso que debe ter nos foros onde se decide o seu futuro, “mingúen mellor que nós sabe defender a nosa flota pesqueira” só é necesario, afirmou, que o Goberno galego demostre “vontade política” para cambiar as directrices que nos marcan dende Madrid e Bruxelas, concluíu.

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG