O parlamentario formulou unha pregunta na comisión de Educación sobre a denegación de profesorado dos programas de reforzo (PROA) para a orientación e apoio o alumnado cos necesidades educativas especiais
O deputado do BNG, Cosme Pombo formulou hoxe unha pregunta o Goberno sobre a denegación de recursos axeitados en diversos centros educativos galegos para garantir o apoio, reforzo e orientación escolar para alumnado de primaria e secundaria que presenta dificultades de aprendizaxe polo contorno sociocultural.
Os programas PROA, explicou o deputado, melloran as competencias educativas, de convivencia, coñecemento e calidade da xestión dos centros, lamentabelmente, dixo, moitos destes centros viron denegados estes programas pensados para loitar a prol do éxito escolar.
Educación non ten en conta as necesidades reais dos centros
Para o BNG, manifestou, a consellería de Educación non ten en conta as necesidades reais do alumnado e cualificou de inxustificábel denegar os programas PROA destinados a lograr a educación de calidade e o máximo desenvolvemento da potencialidade do alumnado con dificultades de aprendizaxe.
Esta situación, recalcou, tivo como primeira consecuencia que os centros sen dotación de profesorado para impartir os programa PROA renunciaran a súa aplicación, representando unha nova agresión ao ensino público e un golpe á creación de emprego no sector educativo.
O ensino non quere tesoiras, quere recursos
A calidade do sistema educativo, remarcou o deputado, non se fai a base de tesoiras e recortes e moito menos a base de moito rezar, fan falta recursos, profesorado cualificado e programas destinados a integrar aos máis débiles, o alumnado con dificultades e a potenciar a igualdade de oportunidades.
O parlamentario reclamou que o Goberno escoite as Ampas dos centros de Vilagarcía, Meaño, Cambados, A Coruña, Ferrol... ás centrais sindicais e as directores dos centros de Tui, Vigo, Pontevedra, Carnota, Arteixo, A Estrada, Tomiño, Navia de Suarna... que denuncian as toneladas de propaganda fronte os recortes de profesorado para atender o apoio e reforzo do alumnado con maiores dificultarades de aprendizaxe.