Cosme Pombo critica o "continuísmo" do novo conselleiro de Educación e Cultura

Para o deputado nacionalista, as novas liñas da consellería presentadas hoxe no Parlamento galego,“prexudican gravemente os intereses culturais, educativos e lingüísticos do noso país”

Intervención do deputado do BNG, Cosme Pombo na ILP

Tras a comparecencia do conselleiro de Educación e Cultura, Román Rodríguez, a petición propia, para informar das liñas de actuación do seu departamento, o deputado do BNG, Cosme Pombo dixo que seguían o camiño do “continuísmo” e lamentou “non albiscar unha raioliña de luz e esperanza para a Cultura, a Ordenación Universitaria e o noso idioma”.

Lamento tamén, non escoitar “unha rectificación” sobre a política lingüicida da Xunta que perpetúa a perda continuada de galego falantes como reflicten os últimos datos do Instituto Galego de Estatística (IGE). Non me sorprende,dixo “a continuidade” despois do debate dunha Iniciativa Lexislativa Popular que pretendía mellorar a calidade do ensino público e restituír os dereitos laborais do profesorado, ILP que o PP impediu que prosperara.

O PP di publicamente unha cousa para facer despois todo o contrario

O deputado tamén criticou as afirmacións do conselleiro sobre a defensa do ensino, cando en realidade, afirmou, votan en contra da ILP.Hoxe, tampouco escoitamos nada sobre unha nova lei de Educación ou defender os dereitos laborais, sociais e profesionais dos docentes.

Cosme Pombo no escano escoita ao Conselleiro Román Rodríguez

“Rouban o salario do profesorado mentres salvan á Banca”, haberá moitos e variadísimos ordenadores pero non teremos profesores e profesoras, esa é “a súa defensa do ensino público”, enfatizou.

O nacionalista reprobou a redución dos orzamentos para o ensino e a ausencia dun plan propio de combate contra o fracaso escolar. Estamos en tempo de “propaganda de novas tecnoloxías e plurilingüismo pero do profesorado, nada de nada”, dixo

Modelo do PP para eliminar a Universidade pública

Sobre a reforma universitaria, Pombo asegurou que que o PP “non respecta a autonomía nin o sistema universitario”. O gran Ministro Wert, do que vostedes son grandes admiradores pretende “deteriorar a Universidade Pública Galega e poñela en perigo despois de 500 anos ”.

Neste sentido, lembrou o decreto de 3+2 que provoca o encarecemento da formación universitaria e a expulsión do alumnado con menos recursos coa intención de beneficiar ás universidades privadas, porque, dixo, “o modelo Wert só busca que estuden os ricos”.

Pombo tamén denunciou a denegación de máis de 10.000 bolsas, que repercutirá moi negativamente nas familias con poucos recursos e sen que polo momento, o Goberno galego fixera un anunciou como noutras comunidades para pedir a transferencia das bolsas e adaptalas a Galiza.

Finalmente, o parlamentario referiuse a LOMCE que invade “competencias autonómicas” como denunciaron en Euskadi e Cataluña. Van presentar vostedes un recurso de inconstitucionalidade como fixeron nesas comunicades, preguntou ao novo conselleiro

O deputado concluíu a súa intervención denunciando os constantes anuncios do PP sobre novos centros educativos que despois non se fan e preguntando pola readmisión dos expulsados do CELGA e derrogación do decreto do plurilinguismo.

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG