O Bloque social ao que deu nome Guillerme tivo un protagonismo estelar na Convención nacional. O evento que lanzou a candidatura de Jorquera á presidencia da Xunta deu voz ás e aos afectados pola estafa das preferentes, ás ANPAs que defenden heroicamente o ensino público face os recortes de Feijóo, á plataforma galega en defensa da sanidade pública, ás cidadás e aos cidadáns que se organizan e loitan contra a incineradora do Irixo, ao sindicalismo nacionalista...
Este é un pequeno resumo das intervencións das e dos portavoces desa Galiza que se move e que se move canda o BNG:
Luciano Vilar. Plataforma de afectados polas participacións prefentes do Morrazo.
Mentres a banca privada reparte inxentes beneficios entre o accionariado e directivos, estannos roubando o sistema financeiro galego.
"Reclamamos unha solución para todas aquelas persoas prexudicadas por estes produtos-estafa, máis de 100.000 galegos afectados despois de toda unha vida de traballo.
Mónica Fernández, da ANPA de Barbadás
"Reivindicamos un ensino público, libre e gratuíto e criticamos que o Partido Popular pretenda convertelo nun negocio subindo as taxas das matrículas e beneficiando o ensino privado.
María Seixo, da Plataforma en Defensa da sanidade pública da Coruña
"Hai toda unha campaña de acoso e derrubo da sanidade pública e unha estratexia privatizadora dende a chegada de Feijoo á Xunta".
"A concesión do novo Hospital de Vigo ás empresas Acciona, Banca e Caixa Madrid significará que as necesidades da saúde da poboación se subordinan aos beneficios empresariais.
Mar Vila, da Plataforma contra a incineradora do Irixo
"O Goberno do PP está a levar a cabo un xenocidio silencioso e planificado do medio rural. Este país non é pobre. O rural é rico. Galiza cun goberno de seu, tería capacidade para alimentar a todos os galegos incluídos os que marcharon.
Dores Martínez, sindicalista da CIG
"As galegas e os galegos están a responder á crise e aos recortes de dereitos con mobilizacións exemplares"
"A folga xeral do 22 de Marzo demostra que a sociedade galega ten dignidade defende o que considera seu, como tamén sae á rúa para denunciar a política do PP contra a lingua galega".
[gallery link="file" columns="5"]