O conselleiro de Industria acusa a Carme Adán de "erosionar o Naval galego"

Carme Adán formulou unha pregunta ao conselleiro de Industria sobre a nova situación da petroleira mexicana Pemex tras o anuncio de non construír os floteis e a ameaza de ERE para os traballadores e traballadoras ao que Conde respondeu que "deixe de erosionar o naval galego"

Carme Adán

 

Pleno.- A deputada do BNG, Carme Adán preguntou hoxe ao conselleiro de Industria, Francisco Conde sobre a nova situación de Pemex tras a compra de Barreiras , “a prezo de saldo” coa intención de absorber a súa tecnoloxía e non cumprir o seu compromiso de carga de traballo para o naval galego.

A parlamentaria acusou ao presidente da Xunta e o Goberno galego de exercer como “comercial” e non como un goberno que debe velar e potenciar o sector naval.

O conselleiro de Industria acusou a deputada do BNG de "erosionar o sector naval galego", acusación que provocou a  hilaridade da nacionalista que asegurou, dificilmente "unha pobre deputada" pode ocasionar ese dano ao sector.

Desgraciadamente a  política do naval do PP, dixo, Adán, fíxose a “golpe de titular” polo que lembrou todas as informacións , “algunhas contraditorias” dos compromisos da petroleira cos estaleiros galegos. Neste sentido preguntou a Conde se existe “algunha cláusula” no contrato marco ante o incumprimento dos compromisos de Pemex.

Pola súa parte, o conselleiro afirmou que Pemex xera xera “riqueza e emprego” en Galiza, “lle guste o non a deputada do BNG” ao que Adán replicou que o Goberno galego prometeu a creación de 3.000 empregos e en realidade foron creados só 500 polo que volveu preguntar se despois da venda de Barreras, “a prezo de saldo” e o anunciou da construción de dous floteis, a Xunta reclamará o cumprimento dos compromisos de Pemex porque, remarcou “están no ar”.

Asemade, Adán denunciou que na actualidade os soldadores das empresas auxiliares do naval cobran menos de 7 euros a hora e traballan entre dez e catorce horas “sen cobrar horas extras”.

Vostede, concluíu a nacionalista, pode seguir contándonos aquí que están mobilizando 1.200 millóns de euros pero a realidade é “que o sector naval ten un grave problema e vostedes venderon como salvación os acordos con PEMEX”.

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG