A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, deixou claro no pleno a rotunda oposición do BNG ao proxecto de lei de medidas de flexibilización e fomento do mercado de aluguer de vivendas.
Afirmou a deputada do BNG que a norma nen flexibiliza nen moito menos fomenta aluguer de vivendas no Estado, e iso que o podía facer porque segundo os dados do INE, no 2010 había 3 millóns de vivendas valdeiras e case 700.000 sen vender. Ademáis, recalcou esta lei carga contra o máis
débil e favorece ao máis forte.
Desprotexen ás persoas máis desfavorecidas
Rosana Pérez criticou a estratexia do PP, que como está a suceder con outros proxectos, introduce no Senado emendas que endurecen aínda máis o texto. Denunciou que se consagre o desafiuzamento fulminante, xa que a lei respalda só ao arrendador para poder expulsar dunha vivenda a persoas que non paguen a renda. Para facilitar o desaloxo, desaparecen as garantías xudiciais dos arrendatarios e levan a moitas persoas sen recursos a quedar na rúa.
Por riba, remarcou, aproveitouse a tramitación no Senado para cargar aínda máis contra un dos sectores máis abandoados: a mocidade. Rosana Pérez lembrou ao PP que a taxa de paro na mocidade se sitúa no 57%, recortaron drásticamente o acceso ás bolsas, retiráronlles os dereitos de acceso á sanidade pública a partir dos 26 anos, precarizaron a súa situación laboral, e agora, practicamente eliminan as axudas de vivenda para mozos e mozas. Nese sentido, destacou que as axudas para o aluguer xa en 2012 se viron reducidas de 210 a 147 euros ao mes, un 30% menos.
A deputada do BNG reprochou ao Goberno que supriman calquera prórroga ou modificación das actuais rendas básicas de emancipación, mentras non se cortan un pelo en favorecer e recoñecer avantaxes fiscais, financeira se legais ás Sociedades de Inversión Inmobiliaria, e abren de par en paro mercado de vivendas valdeiras a persoas e entidades residente sen paraísos fiscais.
Rosana Pérez acusou ao PP de perpetuar as erróneas políticas de vivendas que nos levaron á situación actual, mentras impiden cada vez a máis persoas dispór dunha vivenda digna.