Francisco Jorquera e Tereixa Paz mantiveron, hoxe no Parlamento galego, unha xuntanza coa Plataforma galega de emigrantes retornados ao fin de analizar a actual situación dos afectados e afectadas polo anuncio do cobro de multas tras a inspección de Facenda por non declarar a súas pensións do estraxeiro entre os anos 2008 e 2012.
O portavoz do grupo parlamentario, Francisco Jorquera despois de trasladar o compromiso do BNG con tod@s os afectad@s, manifestou que esta medida representa "un auténtico saqueo" e a constatación dunha política do PP empeñado en "quitarlle aos de abaixo para darllo aos de arriba".
Por outra parte, Jorquera denunciou o recorte de pensións nun momento de grave crise económica donde os pensionistas, en moitos casos, resultan ser o único sustento das familias.
Máis de 200.000 galegos e galegas, dixo, serán obrigados a pagar unhas as multas. Dende o BNG seguimos pedinto unha solución xusta que pasaría por non cobrar intereses abusivos e establecer prazos de pagos razonables, "dado que estas persoas foron vítimas dunha información enganosa por parte da Axencia Tributaria".
Tributar por estas pensións terá efectos futuros pero o que hoxe reclamamos, afirmou, é que todos os afectados e afectadas non sexan obrigados a abonar as cantidades de exercios pasados e reiterou que o colectivo conta co compromiso do BNG para seguir loitando contra "este saqueo e roubo".