O BNG solicita a comparecencia de Guindos "pola salvaxe reestructuración de NCG"

A portavoz do BNG no Congreso, Olaia Fernández Davila, solicitou a comparecencia de Guindos na Cámara para que explique “o duro e salvaxe Plan de Reestructuración de plantilla e peche de oficinas de NCG banco a cambio do resgate bancario da UE ao Estado español”.

Un resgate cifrado nun total de 40.000 millóns de euros.

Un Plan “destructivo”.

Davila considera que se “trata dun plan totalmente destructivo, destinado a rematar co que queda de NCG banco. Un plan que manda á rúa a miles de traballadores e traballadoras e que vai levar ao peche de centos de oficinas. Un plan que só persegue eliminar a cambio do resgate”.

Para a deputada do BNG “isto é a evidencia de que non saen gratis os resgates por moi bancarios que sexan. Teñen uns duros pliegues de condicións como vemos no caso que nos ocupa. Cartos a cambio de eliminación de postos de traballo nun estado que vai superar o vindeiro ano os 6 millóns de desempregados”.

Qué opina o Goberno do “pasotismo da UE” no tema das preferentes?

Ademáis, a portavoz do BNG pediu a comparecencia do Ministro de Economía para que acuda a sede parlamentar a informar da opinión do Goberno ante as manifestacións do Director Xeral de Mercados financeiros da Comisión Europea a representantes de máis de 11 Plataformas de afectados pola estafa das participacións preferentes, aos que negou calquer tipo de axuda da UE e relegou o problema á vía xudicial.

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG