O deputado do BNG,Cosme Pombo criticou o novo decreto que afonda no deterioro do sistema universitario e imposibilita o seu acceso ás persoas con menos recursos
O deputado do BNG, Cosme Pombo censurou hoxe o novo decreto que modifica as condicións universitarias e que provocou as criticas e malestar do propio ámbito universitario e das forzas políticas e sociais do noso país.
O ministerio de Educación enceta a cuarta reforma universitaria mudando o actual modelo de catro anos de grao e un de mestrado por tres anos de grao e dous de mestrado. Ao noso entender,dixo o deputado, este cambio provoca menos formación académica, peor calidade educativa do sistema público e encarecemento da formación universitaria así como a expulsión de máis alumnado con menos recursos económicos.
Unha Reforma que beneficia a Universidade privada e os que teñen máis recursos
O parlamentario reiterou que este decreto vai supor novos recortes, no profesorado público galego, no financiamento e unha clara oportunidade para a universidade privada.
Pola súa parte, o conselleiro de Educación, Román Rodríguez defendeu a Reforma universitaria e asegurou que que serán as universidades as responsábeis de elixir o novo modelo, o Goberno galego apoiará as decisións dás universidades galegas, no ámbito da súa autonomía, á hora de organizar os seus grados.
Tras a resposta do conselleiro, o parlamentario reivindicou máis financiamento para as universidades galegas e apelou a Declaración mundial sobre a Educación para rexeitar calquera tipo de discriminación para o acceso á educación por razón de raza, sexo,idioma, relixión ou consideracións económicas.
O seu discurso, criticou Pombo é exactamente o mesmo que o do seu antecesor e o decreto do Ministro Wert vai no camiño contrario do que vostede acaba de afirmar.
O BNG denunciou sempre os recortes e que o seu antecesor se convertera no lacaio do ministro Wert. Somos conscientes de que hai que reformar o financiamento pero en positivo polo que volveu preguntar se a universidade galega contará con máis financiación pública.
O nacionalista rematou a súa intervención denunciando que Galiza non chega ao 0,8 % en I+D cando en Europa supera o 2%.Vai a reclamar os 275 millóns que recortou Wert, si ou non? e vai defender a nosa universidade con máis de cincocentos anos de historia, si ou non? Concluíu.