O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, reunise esta mañá cunha delegación da República de Cuba, integrada por Mirtha Rodríguez Pérez, nai de Antonio Guerrero, detido nos Estados Unidos; Alberto Betancourt Roa, vicepresidente da Asociación Nacional de Economistas e Contadores de Cuba; Fernando Martínez Heredia, director Xeral e Investigador Titular no instituto Cubano de Investigación Cultural Juan Marinello da Habana; Alberto González, funcionario do Ministerio de Relacións Exteriores de Cuba; Alejandro Fuentes Hernández, cónsul Xeral da República de Cuba e o cónsul Dick Hernández Falcón.
Na reunión tamén participou Montse Prado, secretaria de Organización, e Rubén Cela, portavoz municipal do BNG en Santiago de Compostela.