O BNG reclama restituír o Préstamo Universal e gratuíto dos libros de texto

Cosme Pombo criticou que Educación continúe cos recortes no ensino público galego e demandou do titular da consellería que escoite á Comunidade educativa e as AMPAS

Intervención do deputado do BNG, Cosme Pombo

O BNG, dixo, o deputado Cosme Pombo, defende o Préstamo Universal gratuíto de libros de texto para favorecer a gratuidade nas etapas obrigatorias, máis foi o Goberno comandado por Feijóo quen decidiu retirar esas gratuidade a máis do 70% das familias galegas.

Na defensa da Proposición non de lei destinada a restituír o Sistema de Préstamo Universal dos libros de texto, o parlamentario asegurou que coa chegada de Feijóo ao Goberno tomou a decisión de eliminar o dereito establecido para todo o alumnado que se achegaba ao ensino galego. En plena crise, recalcou, “Feijóo eliminou o dereito fundamental da gratuidade recoñecida pola lei”.

Por outra parte, o deputado explicou que fronte a un modelo gratuíto para o cen por cen da poboación escolar cun custe de 73 millóns de euros para toda a lexislatura co goberno nacionalista, o PP recortou os dereitos adquiridos mediante o método denominado “gratuidade solidaria” que custaba o mesmo pero non cubría o cen por cen senón que só se beneficiaba del unha parte da poboación, “con este sistema todo o mundo paga”.

Feijóo eliminou a gratuidade dos libros de texto

Segundo o propio Feijóo, o novo plan contiña moitas vantaxes, provoca menos gastos á administración, “falso” asegurou o nacionalista, permitiría dedicar máis fondos a educación, tamén “falso” reiterou e en terceiro lugar, posibilitaría crear bibliotecas nas casas, “outra falsidade”, repetiu Cosme Pombo.

No vindeiro curso coa implantación da LONCE “unha lei que naceu morta”, o BNG reclamou que o Goberno galego retomase o Préstamo Universal e gratuíto de textos para garantir a gratuidade do ensino obrigatorio en Galiza pero lamentablemente a consellería de Educación optou por manter o sistema de gratuidade solidaria que non garante a gratuidade para o alumnado e resulta máis caro para a Administración educativa que o sistema de préstamo Universal.

Finalmente, o deputado pediu derrogar as ordes da consellería relativas ao fondo de libros que non garante a gratuidade e adiar a LOMCE que evidencia o “fracaso” das políticas educativas en Galiza.

Os votos contrarios do PP impediron que prosperara a iniciativa nacionalista.

 

 

 

Afíliate, faite do bloque
Anímate a dar o paso, súmate ao proxecto do BNG