O deputado advertiu da grave situación da flota galega co 1,14% da cota da especie fronte o 98,86% concedida ao Golfo de Cádiz
O deputado do BNG,Daniel Rodas defendeu hoxe, a través dunha Proposición non de lei, instar á Xunta a que reclame ante o Goberno central a recuperación da cota de bocarte na Zona Ciem.IX a para os barcos do cerco e impedir a perda do dereito da flota galega do Noroeste a pescar bocarte.
O parlamentario asegurou que o bocarte é unha pesca ocasional que salva a campaña anual pero o PP non está disposto a defender a cota aínda que con esta postura condene ao nosa flota á desaparición. Os traballadores do cerco, dixo, maniféstanse en Monte Pío porque a cota asignada , 57 Tn, non garante o futuro da flota do cerco. Estamos fartos respondeu Rodas ao portavoz do PP, Gonzalo Trenor, de ser a flota máis prexudicada pola complicidade do Goberno galego que asume, sen rechistar as decisión de Madrid.
Para Rodas, o Goberno galego non está a pé de obra nin defende o sector polo que volveu reclamar unha postura contundente para non liquidar o dereito dos galegos a pescar. Por outra parte, denunciou o acoso ao que está sometido o sector polas reiteradas inspeccións e imposición de sancións. A realidade, reiterou, está na rúa e todos os sábados fronte a casa do Presidente para reclamar medidas contra o despezamento dos barcos e a imposibilidade de pescar.
O deputado lembrou que antes do ano 2013, un barco podía pescar 10.000 quilos de bocarte ao día, mentres que agora esta pesquería permanece pechada dende o 28 de febreiro por esgotar as 57 Ton asignadas a Galiza dun total de 4.618 Tn.
Finalmente, a iniciativa nacionalista contou co apoio dos grupos da oposición pero foi rexeitada polo grupo maioritario do Partido popular.