Montse Prado instou á Xunta a convocar , de inmediato, os procesos selectivos pendentes dos anos 2012,2013 e 2014 en todas as categorías profesionais
A deputada do BNG, Montse Prado volveu reclamara hoxe, a través dunha Proposición non de lei, a convocatoria do 100% das prazas vacantes na OPE do SERGAS para o ano 2015 e resolver os procesos selectivos dos anos, 2012,2013 e 2014 pendentes.
Na comisión de Sanidade celebrada no Parlamento galego, a nacionalista denunciou a insuficiencia da convocatoria de Oferta Pública de traballo, 344 prazas para o exercicio do 2015 e acusou ao Goberno galego de eliminar postos de traballo na Sanidade pública en beneficio de empresas privadas.
O sangrado do sistema sanitario público de Galiza é unha constante e a folla de ruta do Partido popular,dixo a deputada polo que reiterou resolver de inmediato os procesos selectivos do SERGAS dos anos 2012, 2013 e 2014, aínda pendentes, a convocatoria da OPE do ano 2015 do 100% e cubrir as das prazas vacantes dende o ano 2010 en todas as categorías profesionais.
Diante dun ano electoral, dixo a deputada, o PP fai electoralismo coas prazas de emprego público e practica, unha vez máis, o engano e unha convocatoria trampa. Ás prazas do 2013, explicou, súmalle as do 2015, para convocar 344 prazas cando en realidade, tería que convocar 3.327 prazas vacantes sen resolver en todas as categorías de procesos selectivos anteriores.
Para a deputada, o SERGAS non convoca as prazas reais porque a súa intención é seguir privatizando os servizos sanitarios, e esta, dixo Prado, é a proba do nove.
Pola súa parte, a portavoz do PP, Miguel Santalices anunciou o voto en contra á iniciativa nacionalista argumentando que a estabilidade no emprego está garantida na Sanidade pública e as taxas de reposición veñen impostas nun 10% polo Estado e a lei estatal nos guste ou non, hai que cumprila.